Libro |

por Avelino Díaz · Benigno Fernández Salgado (Ed.)

14 poemas. Edición crítica e traducións ó alemán, español, francés e inglés

Avelino Díaz (1897-1971), poeta e xornalista galego nos medios escritos da diáspora arxentina, non aparece nas historias da nosa literatura.
En marzo de 1936, o poeta remitiulle a Filgueira Valverde os poemas que este libro reproduce. Ían ser incluídos na Escolma de Lírica Galega planeada polo Seminario de Estudos Galegos para celebrar o centenario de Rosalía ó ano seguinte. A guerra civil truncou a publicación.
Fernández Salgado recolle aquí en edición crítica os textos enviados polo autor, documenta a historia da diseminación de cada un deles fóra do proxecto da antoloxía, e examina as súas métricas e referencias temáticas e estilísticas.
Invocando o mesmo espírito de divulgación, o volume recolle a arte de John Rutherford, de Fina Penalba e Edmond Ferly, e de Tina Poethe como tradutores dos 14 Poemas de Avelino Díaz ó inglés, francés e alemán, respectivamente.

Fichas:

14 poemas cuberta (978-84-947180-0-7)

18,00

Comparte:

Carriño