Aviso legal

As publicacións sobre Avelino Díaz están promovidas por Editora 3D1T0R4 con domicilio fiscal en Carreira do Conde 17, 3ª, 15701 Santiago de Compostela, España.

Contacto

e-mail: editoras0m3t3xt1nb3tw33n@3d1t0r4.com

 

Condicións de venda

Distribución

As publicacións sobre Avelino Díaz editados 3D1T0R4 poden adquirirse en liña a través de https://avelinodiaz.gal e nas seguintes librarías de Galicia:

Burela – Espacio Lector Nobel

Foz – Bahía

Lugo – Libraría Aguirre, Bilbios, La Voz de la Verdad, Librería Balmes, Lectocosmos, Librería Trama

Santiago – Follas Novas, Numax, O Cruceiro, Galleica, Cronopios, Pedreira

Pontevedra – Librería Lao, Librería St. Pueblo, Librería Metáfora, Librería Escolma, Cronopios, Librería Paz, Espacio Lector Nobel

Ribadeo – López-Santo Santiago, Hijos de Vivín

Vigo – Martín Codax

Viveiro – Libros Porta da Vila

Pagos

Todos os pagos en https://avelinodiaz.gal procésanse en euros completando o formulario de pedido e elixindo un modo de pago: por tarxeta de crédito emregando a pasarela de Stripe ou Paypal, ou por transferencia bancaria SEPA. En caso de pago con tarxeta de crédito 3D1T0R4 recibe tan só os teus datos de contacto e un enderezo de envío como introducido no formulario. Podes consultar a política de privacidade de Stripe aquí e de Paypal aquí.

Envíos

3D1T0R4 realiza envíos nacionais e internacionais de todas as súas edicións. Todos os envíos realizaranse a través da empresa pública Correos cunha tarifa especial para evníos de libros.

Se estás interesado nunha modalidade de envío urxente, ou con outras características diferentes, envíanos un correo antes de formalizar a compra explicándonos as túas necesidades.

Se estás considerando adquirir máis de un libro nunha mesma compra, contacta previamente con nós por correo electrónico e che indicaremos o custo de envío específico en relación ao peso total do teu pedido.

Todos os envíos de 3D1T0R4 están cubertos cunha garantía en caso de pérdida ou extravío por un valor igual ao importe total de venda. Se nun prazo orientativo de dúas semans non recibes o teu pedido envíanos un correo electrónico e iniciaremos os trámites de reclamación a Correos que sexan oportunos.

En 3D1T0R4 queremos que os libros cheguen ao seu destino en óptimas condicións, por iso poñeremos todo o coidado na súa embalaxe para que así sexa. Con todo, non podemos facernos responsables polos defectos que podía sufrir o contido do paquete durante o seu traxecto. Se o contido do paquete que recibes chega en mal estado, contacta con nós e tentaremos aclarar co servizo de Correos o acontecido e atopar unha solución satisfactoria.

Devolucións

En 3D1T0R4 desexamos que desfrutes e che guste o que recibes no teu correo. Se non é o caso envíanos un correo electrónico ao noso enderezo e aceptaremos de bo grado que nolo envíes de volta dentro dun prazo e 14 días e se está nas condicións orixinais. Unha vez que o recibamos procederemos a reemolsarche o importe da túa compra a exepción lóxica dos custos de envío.

Para solicitar máis información, ou para calquera aclaración, non dubides en contactar con nós en calquer momento e tentaremos respostar o antes posible.

Prezos

Todos os prezos indicados na páxina web son finais e inclúen IVE. Os prezos de venda non inclúen taxas aduaneiras ou calquera outro imposto que poida ser aplicable nun país de destino que non perternza a UE.

 

Política de privacidade

Ao adquirir un libro a través da páxina web de https://avelinodiaz.gal só nos das acceso a un número limitado dos teus datos persoais: nome completo, correo electrónico e enderezo postal. Estes datos son imprescendibles para rematar de formalizar a compra e realizar o correspondente envío.

3D1T0R4 manterá un rexistro privado deses datos que non compartirá nunca con terceiros e que tampouco emregará con fins comerciais. Isto quere dicir que non recibirás correos electrónicos de 3D1T0R4 anunciando promocións ou novas edicións.

Se prefires non engadamos os teus datos ao noso rexistro, só tes que indicalo no momento da compra, ou despois, en calquera outro momento, enviando un correo electrónico, e procederemos de maneira inmediata a borralos na súa totalidade.

Shopping Basket