Artigo |

por Silvia Alende · Beatriz Feijoo · Aurora García

A cobertura informativa nos prinicpais xornais galegos do pasamento de Avelino Díaz

Resumo

Avelino Díaz finou en Bos Aires o 29 de marzo de 1971. Nesta contribución estúdase a cobertura informativa do seu pasamento nas páxinas dos principais xornais galegos do momento —La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Progreso e La Región— na semana posterior ó día do óbito. Discútese o tratamento informativo que mereceu a nova do falecemento, e a consideración que lles mereceu a eses medios a súa obra literaria e o seu compromiso cultural.
Analízase o contido dos dous únicos textos rexistrados prestando atención ás alusións éticas e estéticas relativas á súa figura. A nosa pescuda na prensa complétase incorporando unha breve entrevista a Neira Vilas que o coñeceu na súa estadía en Bos Aires. O seu testemuño confirma a escasa proxección que en Galicia se deu á súa intensa actividade cultural e política na diáspora. Ningún dos seus perfís foi nitidamente debuxado nin promocionado pero ao que menos se lle fixo xustiza foi á súa profesión de xornalista.

Artigo contido en:

Non me deas diñeiro volume 2 cuberta

33,00€

Comparte:

Carriño